Foto da Facultade de Ciencas Económicas e Empresariais da UVIGOFoto da Facultade de Ciencas Económicas e Empresariais da UVIGO

Alguén que ensina, alguén que aprende

saída profesional».

Así que empecei Enxeñaría Industrial na Universidade de Vigo, unha das carreiras con máis proxección naquel momento. Informárame ben. Pero ao cabo dun ano, marchei. E bastante aguantei!

O día que decidín deixar Industriais —un dos máis felices da miña vida— subín ao autobús entre eufórica e nerviosa, sen ter claro que facer a continuación.

A seguinte parada era Teleco, pero, sendo sincera, non escapaba de Industriais para acabar alí, así que non me baixei.

Entón apareceu diante de min a Facultade de Económicas. Pensei: non é Historia, pero parécese dabondo. Podería estudar algo que me interesaba e que ademais tiña saída profesional (daquela, saías da carreira cun posto en Caixanova, nada menos).

Cando cheguei á secretaría da que sería a miña futura facultade, preguntei que tiña que facer para matricularme en Economía. E contestáronme que xusto se lles acabaran os sobres de matrícula… pero que tiñan de ADE, se me valía. E así escollín carreira.

Son licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo, cunha especialización en Márketing. Máis adiante fixen un posgrao en Comercio Internacional e un máster en Márketing Dixital, todo con moita saída profesional.

E aquí me tedes, sendo profesora… e feliz.


Comentarios

Deja un comentario

Descubre más desde Enseñando Márketing Digital desde 2016

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo